Monday 29 de April de 2024

Chegan 5.000 mascarillas enviadas polo Goberno Estatal para o transporte público


 

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, anunciou hoxe a chegada ao municipio de 5.000 mascarillas subministradas polo Goberno do Estado coa fin de ser utilizadas no transporte público.

O rexedor, que agradeceu a entrega, explicou que se vai repartir todo este material entre hoxe e o martes para poñelo en disposición de traballadores e usuarios aos que van destinados. De feito, xa se comezou a distribuír entre os taxis.

Última repatriación
Por outra parte, Ruiz Rivas tamén anunciou que hoxe chegará nun avión procedente de Buenos Aires o último dos ribeirenses dos que se tiña constancia que estaban a pasar dificultades para o seu regreso. Antes foran repatriados doutros veciños que se atopaban en Australia e Sudáfrica. O alcalde agradeceu as xestións ao respecto efectuadas pola Xunta de Galicia.

Por último, o primeiro edil informou de que o Concello entregou 50 traxes de traballo á Asociación Amicos e de que o banco de préstamo de ordenadores inaugurado polo Concello nesta Semana Santa xa ten os seus dous primeiros equipos: unha vez acondicionados, serán cedidos a alumnos que carecen destes aparatos para que poidan formarse a distancia (quen queira contribuír a esta iniciativa pode poñerse en contacto a través do número 981 870 933).